Goberno

ekoenergy stampA Xunta

A Xunta de EKOenerxía é a máxima autoridade de goberno da rede e da ecoetiqueta EKOenerxía. A Xunta encárgase de:

  • aprobar a estratexia da organización,
  • tomar as decisións no tocante aos criterios de EKOenerxía,
  • tomar as decisións sobre a aceptabilidade das instalacións de produción,
  • tomar as decisións sobre o uso do Fondo Ambiental de EKOenerxía e o Fondo Climático de EKOenerxía,
  • nomear o xefe da Secretaría de EKOenerxía.

Cada organización membro de EKOenerxía pode nomear a unha persoa para un posto na Xunta. Prema aquí para consultar a lista dos membros da Xunta.

Grupo Asesor

A Xunta de EKOenerxía nomea os membros do Grupo Asesor. Este nomeamento ten unha validez de dous anos e pode renovarse.

No Grupo Asesor existen prazas reservadas para os seguintes investidores:

  • As ONG medioambientais: tanto as plataformas a nivel europeo coma as organizacións a nivel nacional ou rexional.
  • As industrias do sector eléctrico (produtores, comerciais e provedores).
  • Os consumidores de EKOenerxía, as organizacións sectoriais e as asociacións de consumidores.

Outros posibles membros poden ser, por exemplo, as autoridades implicadas no establecemento do sistema de garantías de orixe.

O Grupo Asesor pode opinar sobre calquera asunto relacionado con EKOenerxía e estará activamente informado sobre a axenda da Xunta. A Xunta debe responder nun prazo de dous meses ás preguntas e comentarios dos membros do Grupo Asesor. O Grupo Asesor escolle os membros do Panel de Arbitraxe de EKOenerxía mediante unha maioría de 3/4.

Prema aquí para consultar a lista dos membros do Grupo Asesor.

Secretaría

A administración diaria de EKOenerxía recae nunha secretaría. As súas tarefas inclúen:

  • Asegurar a xestión e o bo funcionamento de EKOenerxía.
  • Representar a EKOenerxía nas súas relacións exteriores e establecer contactos.
  • Proporcionarlles servizos ás partes e grupos implicados.
  • Ocuparse de todas as tarefas relacionadas coa contabilidade financeira de EKOenerxía.
  • Organizar, preparar e efectuar o seguimento de todas as reunións da estrutura de EKOenerxía.
  • Preparar documentos que axuden na toma de decisións sobre orzamentos e plans de acción.
  • Elaborar informes internos e externos.
  • Apoiar a publicación e difusión da información.
  • Levar a xestión financeira da asociación.

Prema aquí para obter unha visión de conxunto do persoal e dos voluntarios da Secretaría de EKOenerxía.

Panel de Arbitraxe

O Panel de Arbitraxe de EKOenerxía componse dun mínimo de tres expertos propostos polo Grupo Asesor e nomeados pola Xunta de EKOenerxía. Estes nomeamentos teñen unha validez de cinco anos. No Panel de Arbitraxe hai unha praza reservada para un experto en cuestións medioambientais e outra para un experto en enerxía eléctrica renovable. Os investidores pertinentes terán a oportunidade de propor candidatos para estas prazas.

O Panel de Arbitraxe encargarase de resolver as posibles disputas entre EKOenerxía e os demais membros da rede, ou entre EKOenerxía e as empresas que vendan EKOenerxía.

O Panel de Arbitraxe de EKOenerxía entrará en funcionamento non máis tarde de transcorridos dous anos das primeiras vendas de EKOenerxía (é dicir, sobre o 15 de xuño de 2015).