Historia

Antecedentes

grid_transmissionO mercado eléctrico europeo estase a desenvolver rapidamente. A liberalización, a internacionalización, a diferenciación dos produtos… toda esta rápida evolución creou novas oportunidades, pero tamén moita confusión:

Como se pode cambiar de provedor? Como é posible escoller un produto eléctrico se todos pertencen á mesma rede? Que provedor e que produtos debería escoller? E como afecta as miñas emisións de CO2 ter unha contratación verde?

Hoxe en día, estas cuestións tan básicas poden recibir respostas moi diferentes en distintas partes da UE. Cada país ten tradicións e opinións diferentes. Tamén existen enormes diferenzas no grao de integración de cada país no mercado europeo. Isto supón un problema tanto para os grandes consumidores internacionais como para os pequenos consumidores locais. Moitos dos consumidores mercan electricidade ecolóxica, e fano porque queren cambiar algo. Pero marcar algunha diferenza no inmenso mercado europeo é bastante difícil se os consumidores reciben consellos e suxestións diferentes, ou mesmo contraditorias, en cada país.

Ata hai moi pouco, non había ninguén coordinando as posturas das organizacións medioambientais nin as de consumidores. Isto agora xa non é así.

Cara a un enfoque europeo

En 2010, Bellona Rusia, o Fondo Estoniano para a Natureza, o Fondo Lituano para a Natureza, a Asociación Finesa para a Conservación da Natureza, Ecoserveis e AccioNatura de España, xunto co 100% de Energia Verde e REEF de Italia, uniron as súas forzas para crear unha etiqueta ecolóxica de electricidade.

recs_market_meeting

Na reunión de RECS Internacional en Amsterdam en 2012 presentámoslle o noso primeiro proxecto ao sector da electricidade. Os participantes, de esquerda a dereita, son: Mieke Langie (WindMade), Steven Vanholme (EKOenerxía), Ivan Scrase (RSPB), Jennifer Martin (Green-e), Eero Yrjö-Koskinen (Asociación Finesa para a Conservación da Natureza) e Jared Braslawsky (RCES Internacional).

Os asociados iniciaron o proxecto RES-E, Creating a renewable electricity standard for Europe (Creación dun novo estándar de enerxía eléctrica para Europa). Desde o principio, a transparencia e o compromiso foron os principais piares deste proceso. RES-E seguiu os procedementos dispostos polo Código ISEAL de Boas Prácticas para o Establecemento de Estándares Sociais e Ambientais. Este proceso tamén se inspirou no enfoque da etiqueta estadounidense Green-e.

Entre setembro do ano 2011 e setembro do 2012, consultáronse máis de 400 investidores procedentes de todos os sectores: produtores, provedores, consumidores, ONG medioambientais, autoridades…

Durante o verán de 2012, a secretaría do proxecto RES-E recopilou as respostas, suxestións e comentarios baixo o epígrafe “Termos de referencia”. E de setembro a novembro de 2012, organizou unha consulta pública sobre ese mesmo texto. Inmediatamente despois desa consulta, as organizacións medioambientais involucradas decidiron crear a rede EKOenerxía. Asemade, estableceron un Grupo Asesor para discutir de novo os seus plans. O 23 de febreiro de 2013, a Xunta de EKOenerxía aprobou o texto “EKOenerxía: rede e ecoetiqueta”.

Implementation

2013: EKOenergy was launched, the Secretariat was set up to manage and promote the label and a team of international trainees and volunteers was hired. Chances are our multilingual team speaks your language. We started by focusing on Finland, Spain, Italy and Latvia.

See our annual report 2013

2014: We were active on many fronts. The EKOenergy Network expanded to include Germany, France and Poland. we arrived on social media and joined the Global 100% renewable energy campaign. We donated the first income of our Climate Fund to a solar project in Tanzania.

See our annual report 2014

2015: we keep on growing and are now forming partnerships outside Europe as well.

  See our annual report 2015