EKOenerxía para a súa empresa

No mercado europeo, as empresas poden escoller o produto de electricidade que desexan mercar. Esta elección baséase na lexislación europea, e cada vez máis organizacións e estándares animan as empresas a empregar esa liberdade de escolla para decantarse pola electricidade ecolóxica. Pode comprobalo, por exemplo, nas CDP Technical notes on the Accounting of Scope 2 emissions (Notas técnicas do CDP sobre o seguimento de emisións de alcance 2).

Ademais, unha rede de organizacións medioambientais europeas acordou a creación dunha ecoetiqueta de electricidade común: a EKOenerxía. Este etiqueta axudaralle a informar sobre a súa compra de electricidade ecolóxica e a demostrar como a súa adquisición pode marcar a diferenza.

Os consumidores de EKOenerxía son libres de informar sobre a súa compra. Non é necesario firmar ningún acordo para utilizar o nome e o logo da organización. Porén, a rede de EKOenerxía está a desenvolver un código de conduta para explicar como se pode empregar o logo. Se ten algunha dúbida ou pregunta, póñase en contacto coa Secretaría de EKOenerxía.