Por que mercar EKOenerxía?

Os combustibles fósiles, coma o carbón e o petróleo, aínda seguen sendo a principal materia prima do sector da electricidade europeo. Por esa razón, a produción de electricidade (e o seu consumo) libera enormes cantidades de emisións de gases con efecto invernadoiro.

A boa noticia é que sabemos como substituír estes combustibles. As fontes de enerxía renovable, coma a enerxía eólica, a solar, a hidráulica e a de biomasa, poden cubrir o 100% das necesidades eléctricas de Europa. E aínda máis.

Como consumidor europeo, vostede non é alleo a esta transición. As normas europeas danlle a todos os consumidores a oportunidade de escoller o tipo de electricidade que queren empregar.

Ao escoller EKOenerxía pode marcar a diferenza.

Máis enerxía renovable

Estamos seguros de que a demanda de electricidade renovable ten, polo xeral, un efecto positivo na decisión das empresas á hora de investir. Ninguén mercaría plantas de carbón se non estivese interesado na electricidade que se orixina a partir deste combustible.

Ademais, por cada Mwh de EKOenerxía vendida, destinarase un mínimo de 0,10 € ao Fondo Climático de EKOenerxía, e eses cartos investiranse en novas instalacións de enerxía renovable.

Máis produción sustentable

A electricidade de EKOenerxía provén de instalacións que cumpren cos criterios de sustentabilidade da rede EKOenerxía, unha rede de ONG medioambientais europeas.

Estes criterios varían segundo o tipo de produción. No caso da enerxía hidráulica, EKOenerxía traballa cun modelo de financiamento. Por cada Mwh de EKOenerxía vendida, invístese un mínimo de 0,10 € en proxectos de restauración de ríos.

O produto da súa escolla

Cando merque EKOenerxía, será axeitadamente informado sobre a orixe da súa electricidade: Está mercando vento de Austria? Ou biomasa de Suecia? Isto ofreceralle a posibilidade de escoller o tipo de enerxía que máis lle guste. E así, marcará a diferenza do xeito que vostede prefira.

  Leer también la información del folleto ‘Muchas razones para cambiar a EKOenergía‘ (pdf, 2 páginas, junio de 2014).

Watch Why switch to EKOenergy? on YouTube