Clima

Financiamento dos proxectos climáticos

rural-electrificationPor cada Mwh de EKOenerxía vendida, realizarase unha contribución ao Fondo Climático de EKOenerxía dun mínimo de 0,10 €. A recadación conseguida empregarase para promover novos investimentos nas enerxías renovables.

A Xunta de EKOenerxía será a que tome as decisións necesarias sobre o uso dos cartos do Fondo Climático de EKOenerxía, tendo en conta as recomendacións dos investidores e, en particular, das empresas subministradoras de EKOenerxía, das ONG medioambientais e do Grupo Asesor de EKOenerxía.

Para ser todo o eficiente posible, EKOenerxía non vai establecer as súas propias iniciativas, senón que fará uso de mecanismos e instrumentos que xa existan.

Algunhas das posibles medidas son:

  •  investimento en proxectos de enerxía eólica e solar en países en vías de desenvolvemento, sempre e cando vaian en consonancia cos criterios de CDM Gold Standard (www.cdmgoldstandard.org). Coa fin de evitar a dobre contabilidade, os proxectos financiados veranse cancelados (proporcionalmente) se conducen a subvencións de carbono.
  • O investimento en proxectos de enerxía eólica e solar en países europeos que teñen un alto potencial para o desenvolvemento de enerxía renovable, pero que carecen dos recursos necesarios.
  • Pequenos proxectos de enerxía renovable cun alto valor ambiental e social engadido.
  • A cancelación dos dereitos de emisión europeos, tan pronto como haxa indicios de que existe escaseza no mercado.

EKOenerxía Full Power

No contexto da electricidade ecolóxica, os expertos refírense á “adicionalidade” cando falan da capacidade de produción renovable adicional ou da redución de carbono adicional, en comparación co que ocorrería baixo as actuais condicións de mercado e do marco xurídico existente (co apoio público incluído).

Unha das respostas de EKOenerxía para aqueles que estean dispostos a estimular a “adicionalidade” é a EKOenerxía Full Power. A EKOenerxía Full Power vén sendo EKOenerxía pero cunha maior contribución ao Fondo Climático. A recadación por Mwh ten que ser a suficiente para poder prover o capital necesario para os investimentos na produción renovable (preferiblemente, solar ou eólica), que terá a capacidade de xerar 1 Mwh de electricidade renovable ao longo da súa vida útil. O importe exacto da contribución dependerá dos proxectos seleccionados e probablemente diminuirá co paso do tempo.