Información ao consumidor

Onde e como se produciu a súa electricidade?

Se merca EKOenerxía, poderá saber:

  • en que país se produciu a súa electricidade,
  • como se produciu a súa electricidade (por exemplo, mediante enerxía solar, eólica terrestre, eólica mariña, hidroeléctrica, mariña, xeotérmica, de biomasa…). No caso das mesturas, mencionarase a porcentaxe de cada tipo.

Isto permitiralle mercar, por exemplo, electricidade do seu propio país. Ou mercar enerxía “só eólica” ou “só solar”. Ou calquera outro tipo de electricidade que vostede pense que mereza a pena fomentar.

  Teña en conta que isto non significa que vaia obter estes electróns na súa casa, quere dicir que se colocarán na rede grazas a vostede! Consulte a parte relativa ás Garantías de Orixe para obter máis información acerca de como funciona este proceso.

Información sobre o impacto do carbono

© SunEdison

Os consumidores de EKOenerxía tamén recibirán información certeira sobre o que significa e non significa mercar electricidade ecolóxica.

  • Que vostede merque electricidade procedente do vento non quere dicir que se vaia construír un muíño de vento adicional cos seus cartos. Pero si que unha parte do prezo que paga irá destinada ao propietario do muíño, o que lle axudará a facer o seu investimento (máis) rendible. Se merca EKOenerxía unha pequena parte do seu custo tamén se empregará para investir en proxectos que non terían lugar sen os seus cartos.
  • A compra de enerxía renovable non significa que as emisións de carbono do mundo vaian a diminuír automaticamente. Porén, xeralmente, aceptase que os consumidores de electricidade poden reducir as SÚAS emisións persoais se se cambian á enerxía ecolóxica (e, ao mesmo tempo, o impacto do carbono dos que non mercan electricidade ecolóxica vólvese máis sucio). Moitos permítenlles aos usuarios de electricidade ecolóxica asegurar unhas emisións cero. Outros recomendan empregar cifras en base a unha análise do ciclo de vida da instalación renovable (é dicir, tendo en conta as emisións provocadas pola construción e o mantemento da unidade de produción). EKOenerxía non vai desenvolver unha postura propia sobre o impacto do carbono, senón que respectará as opinións dos especialistas nestas cuestións, en particular a daqueles que actúan no CDP e no Greenhouse Gas Protocol (Protocolo de gases de efecto invernadoiro).

Naturalmente, cremos que a compra de electricidade ecolóxica é un dos instrumentos que nos permiten amosarlles aos produtores e aos políticos que queremos máis enerxías renovables.

Informar a aquelas persoas que non mercan electricidade ecolóxica

EKOenerxía tamén fomentará de xeito activo o uso de cifras de mesturas residuais de RE-DISS e EPED para toda a electricidade á que non se lle realiza ningún seguimento.

Criterios de EKOenerxía

Para obter máis información acerca dos criterios de información ao consumidor de EKOenerxía, consulte o capítulo 6 do texto “EKOenerxía: rede e ecoetiqueta”.