Renovabilidade e sustentabilidade

Renovabilidade

A EKOenerxía é electricidade renovable. Moitos estudos confirman que, se comezamos agora, toda a electricidade europea poderá ser renovable para 2040-2050. Vostede tamén pode axudar: aforrando electricidade e cambiando á electricidade renovable. Ao escoller este tipo de enerxía estámoslles enviando aos nosos provedores (vendedores de electricidade), produtores e políticos un claro sinal: queremos que invistan nisto.

Sustentabilidade

Ao mesmo tempo, somos conscientes de que a produción de enerxía renovable tamén ocasiona certos impactos. EKOenerxía quere ser a ferramenta que axude a evitalos e reducilos. Temos en conta os servizos dos ecosistemas, os hábitats e a biodiversidade das especies de tres xeitos distintos:

Many Trickles make a Stream

Voluntarios restaurando un río nun proxecto financiado polo Fondo Ambiental, que se levou a cabo en Ostrobotnia, ao oeste de Finlandia.

  • Excluímos do noso sistema algúns tipos de enerxía renovable altamente controvertidos, como é o caso particular dalgúns tipos de biomasa. Esta decisión non se basea só na preocupación pola biodiversidade, senón que tamén ten en conta o impacto climático e os aspectos sociais. Existen claras indicacións de que o impacto do carbono dalgúns tipos de biomasa é peor que o do combustible fósil. As biomasas que medran en áreas produtoras de alimentos poden ter un impacto mundial nos seus prezos.
  • Creamos un Fondo Ambiental, ao que destinamos un mínimo de 0,10 € por cada Mwh de enerxía hidráulica vendida, cuxas recadacións se empregarán para restaurar ecosistemas acuáticos.
  • Algúns tipos de produción só son aceptables se a xunta de EKOenerxía os aproba despois de consultalo coas ONG medioambientais locais. Este é o caso, por exemplo, das turbinas de vento nas áreas protexidas e toda a enerxía hidráulica.

Criterios de EKOenerxía