Resultados

Unha rede de enerxía positiva en crecemento

EKOenerxía acaba de pórse en marcha. O noso primeiro e principal resultado ata o de agora é que, por primeira vez, ONG medioambientais de máis da metade dos países europeos están falando de xeito unánime sobre o mercado da electricidade en Europa.

Desde o principio, orientámonos cara a un enfoque aberto, pragmático e proveitoso, así que todo o mundo está invitado a pensar e intercambiar ideas connosco.

Read our Annual Report 2015 to find out what we did in our first year of existence. (pdf, 21 pages)

Resultados concretos

Queremos amosar resultados concretos a curto prazo sobre: como o mercado estimula a produción de electricidade renovable, como empregamos os fondos medioambientais para restaurar ríos e como utilizamos os cartos do Fondo Climático para financiar grandes proxectos que non poderían existir sen a nosa presenza.

Os cartos do Fondo Climático de EKOenerxía destinaranse ás novas medidas climáticas.

Os cartos do Fondo Ambiental de EKOenerxía empregaranse para investir en proxectos de restauración de ríos.